Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A vida de Angel Barros” na X edición do Redondela en curto

RR_Noticias

O festival, que se vai desenvolver entre o 24 e o 27 de abril, celebra a súa décima edición con novidades como a convocatoria dun concurso de curtas gravadas con móbil ou tablet e a presentación dunha longametraxe dirixida por Fernando Carreira Cuchi en torno á vida do pintor e restaurador redondelán Angel Barros.

O festival Redondela en curto recupera este ano a subvención de 18.000 euros procedente do concello que en edicións anteriores fora reducíndose ata poñer en perigo a convocatoria. Logo do acordo acadado coa Concellería de Cultura, o director do festival, Fernando Carreira Cuchi confirma ademais que neste 2014 e co gallo da décima edición do festival hai diferentes novidades, algunha das cales iranse concretando consonte se acheguen as datas da cita cinematográfica. Entre as xa anunciadas atópase a presentación dunha longametraxe na que se fai un percorrido pola vida e obra do pintor e restaurador redondelán Angel Barros, un home que logo de emigrar na posguerra chega a traballar como restaurador no museo do Louvre. Non é esta a única novidade, xa que ademais da sección oficial a concurso, este ano ábrese tamén unha sección complementaria na que poderán participar todos os que envía os seus traballos gravados con móbil ou tablet. Unha curtas que non poderán superar os 2 minutos de duración. Pola súa banda, os que queiran participar na sección oficial dotada con premios de 500 e mil euros, terán que presentar curtametraxes que oscilen entre os 4 e os 30 minutos. O prazo de presentación de traballos remata o 20 de marzo e dende a organización prevén que nesta décimo edición se incremente notablemente o número de participantes, xa que recibiron en tan só uns días máis de 400 traballos.  

Fernando Carreira Cuchi director do Festival
Fálanos das novidades desta décimo edición
Máis minutos
Esta sección acollerá a estrea da longametraxe en torno á vida de Angel Barros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará