“Momentos de Asombro” é un espectáculo de ilusionismo con números de cartomaxia, mentalismo, humor, escapismo e a participación dos espectadores. Un espectáculo orientado ao público familiar no que tampouco faltará a música e o teatro e que se poderá ver este domingo ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira.
Martín Camiña, un mago cunha dilatada experiencia profesional no mundo do ilusionismo, premiado varias veces en España e Portugal, chega a Redondela para presentar este espectáculo no que ademais de números nos que se achega a diferentes técnicas, anuncia sorpresas que deixarán asombrados ao público presente na sala. Unha actuación que terá lugar o domingo 26 ás 18:00h no auditorio do Multiusos da Xunqueira. O prezo é de 4 euros para o público en xeral, 2 euros o público infantil, xubilados e estudantes. Salienta Camiña o bo momento que está a vivir a maxia, que conta cada día máis cun número maior de seguidores como o demostra o feito de que se estea a apostar por este tipo de espectáculos incluíndoos nos calendarios e programacións culturais.