Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Negociación a varias bandas para buscar unha alternativa á retirada do bonobús

RR_Noticias

Reunións cos responsables de Autos González e VITRASA, visita da Directora xeral de Mobilidade Camino Triguero Salas, mocións nos plenos de Redondela e Vigo e reunión co alcalde vigués Abel Caballero, son algúns dos pasos que dende o goberno local se están a dar no camiño de tentar buscar unha solución ao problema creado á raíz da retirada da tarxeta verde aos non empadroados en Vigo.

O Concelleiro de Interior, Arturo González insiste en que a única solución posible pasa pola posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano “un plan da Xunta que está nunha fase moi avanzada de execución e que se podería facer efectivo a curto prazo no caso de que o goberno de Abel Caballero accedese a súa implantación”. Iso si, apunta González a curto prazo a única solución pasa porque Caballero dea marcha atrás e non retire a tarxeta desconto aos veciños de Redondela “xa que este tipo de tarifas reducidas aplícanse en todas as cidades sen necesidade de presentar a tarxeta de empadroamento”. No camiño de buscar unha solución a este problema, que afecta principalmente aos veciños de Chapela, a Directora Xeral de Mobilidade visita este xoves o noso concello para reunirse cos responsables locais.  

Arturo González edil de interior
O Plan de transporte como solución a comunicación metropolitana
Veciños de Chapela
Comparten a postura da Asociación con quen se reuniron este martes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará