A Cooperativa Trespés coordina esta actividade na que participarán 22 persoas procedentes de Bélxica, Macedonia, Exipto e Galicia. As persoas interesadas en participar deben poñerse en contacto coa cooperativa a través do teléfono 986 110045 ou no enderezo info@trespes.com antes do 5 de febreiro.
O obxectivo deste proxecto europeo é buscar fórmulas alternativas de transporte autoxestionado a través da interacción e posta en común das ideas dos participantes que asistirán entre o 10 e o 16 de marzo a un seminario que terá lugar en Redondela. Durante esa semana os voluntarios procedentes dos catro países implicados traballarán no deseño dunha alternativa de transporte para o noso concello. A Cooperativa Trespés está actualmente buscando as persoas participantes no proxecto. Tania Martínez anima a todas aquelas persoas interesadas en participar a poñerse en contacto con eles a través do teléfono 986110045 ou no enderezo info@trespes.com e lembra que non é necesario cumprir ningún requisito. Ademais a estancia e os gastos de manutención estarán cubertos durante os días que dura o seminario.