Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis empresas de Redondela entraron en concurso de acredores no 2013

RR_Noticias

A recente entrada en concurso de acredores dunha gran empresa como Pescanova con sede en Chapela alerta da difícil situación de moitas das empresas asentadas na comarca. En Redondela ao longo do pasado ano foron seis as empresas nestas situación, ás que hai que engadir outras tres en Fornelos, Pazos e Soutomaior.

Con seis empresas sen liquidez ás que hai que engadir outras tres na comarca, a nosa é unha das áreas máis castigadas da área metropolitana de Vigo. Destacan os problemas que atravesa dende o ano pasado a multinacional Pescanova, con sede en Chapela así como as súas filiais Acuinova e Pescafina. Hai que engadir tamén a entrada en concurso, segundo os datos dos xulgados do mercantil 1 e 2 de Pontevedra, de Worl Oceans Fishing SL: Califugados y Metal e Materiais y construcciones Cesantes, todas elas con sede en Redondela.                                                                                                         
A comarca sufriu tamén suspensión de inmobiliarias como Promolar 2000 SL. en Soutomaior, na mesma situación atópase San Martiño Costa SL; unha empresa con sede en Pazos de Borbén dedicada á importación, exportación e elaboración de produtos da pesca frescos e conxelados e a sociedade Kiriko Natura en Fornelos de montes dedicada á promoción e realización de actividades agrarias, docentes e medio ambientais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará