Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os viños de Redondela solicitan a Indicación Xeográfica Protexida

RR_Noticias

A Federación de furancheiros, loureiros e viticultores de Pontevedra iniciou o proceso encamiñado a que os viños elaborados con uvas procedentes dos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa adquiran o recoñecemento como Indicación Xeográfica Protexida de Viños da Terra. Un recoñecemento que beneficiaría a máis de 24.000 produtores de viño e afectaría a unhas 2.100 hectáreas de terreo dando resposta a unha longa demanda non satisfeita nestes concellos malia seren zonas que contan cunha longa e documentada tradición vitivinícola.

O secretario da asociación de furancheiros de Redondela, Xaquín López, apunta que se trata dun longo proceso no que aínda hai que definir o nome baixo o cal se podería comercializar este viño e que busca obter a mesma cualificación que xa lograron outras bisbarras para os seus viños. Engade que lograr este recoñecemento suporía que os produtores, ademais de poder seguir vendendo o seu viño nos fúranchos terían a posibilidade de darlle saída xa de xeito embotellado a través dalgunha adega que funcione na comarca A Indicación Xeográfica Protexida é unha alternativa ao feito de que non se teña aceptado a estes concellos dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. Neste proceso a Agrupación de produtores está a demandar das institucións públicas locais e provinciais o apoio expreso a este iniciativa para así dar publicidade á importante demanda social e pública a favor do recoñecementos dos viños e viñedos incluídos nos 8 concellos solicitantes. Un apoio que a corporación redondelá dáballes na última sesión plenaria na que todos os grupos políticos apoiaron esta peticións de furancheiros e produtores.  

Xaquín López Asociación de Furancheiros
Explica en qué consiste unha IXP
Máis de 24.000 produtores
2.100 hectareas de viñedo veríanse beneficiadas
Discriminados da Denominación de Orixe
Imposible entrar a formar parte da D.O. Rías Baixas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará