Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arturo González: “O acceso a Cidadelle está en vías de solución”

RR_Noticias

Asegura o concelleiro de Tráfico que os “datos concretos e detallados” sobre o proxecto de construción dun novo acceso a este barrio de Chapela llelos achegará aos veciños na reunión que se vai celebrar este venres ás 20:00 horas no Centro Cultural de Cidadelle. Con todo apunta que a resolución do problema está “nunha fase moi avanzada, feitas xa as expropiacións para a construcción do vial”.

Mellorar os accesos ao barrio de Cidadelle, na zona alta da parroquia de Chapela, é dende hai dúas décadas unha demanda recorrente por parte dos seus residentes. A presidenta da Asociación de Veciños explicaba nos micrófonos da radio municipal que a día de hoxe o único acceso existente “é un auténtico funil para os vehículos que acceden a el dende a Avenida de Redondela” e engade que tamén para os peóns é un perigo o vial por carecer de beirarrúas. Por eses motivos entende imprescindible que se acometa a construción do novo acceso, uns metros máis adiante, o que facilitaría a circulación de peóns e vehículos. Os veciños reuniranse mañá no Centro Cultural de Cidadelle co alcalde Javier Bas e o concelleiro de tráfico Arturo González. Unha xuntanza  que se celebrará ás 20:00 horas e na que os responsables locais informarán das últimas xestións realizadas en torno a este asunto que en palabras de González “non está nin atascado nin parado, senón en vías de solución”. Asegura o edil que xa se fixeron as expropiacións necesarias para a obra e que o proceso está “nunha fase moi avanzada” aínda que prefire esperar a mañá para dar os datos concretos e detallados do proxecto que contempla a construción dese novo vial que daría acceso ao barrio.  

Arturo González edil de tráfico
O concelleiro asistirá xunto co alcalde a unha reunión que terá lugar o venres no Centro Cultural de Cidadelle

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará