O Construcciones Castro Chapela perdeu na súa visita ao campo dos andaluces Palma del Río nun partido con clara superioridades dos locais que venceron por 29-23, unha derrota que deixa ao Chapela nunha situación complicada, na décimo cuarta praza da categoría en División de honra B. Tamén a Plastic Omnium deixaba a escapar os puntos do partido ante o Cisne.
O Construcciones Castro Chapela deixou escapar unha oportunidade para afastarse dos postos de descenso cunha derrota inesperado no campo do Palma del Río, un rival que como o Chapela está moi necesitado de puntos. Foi na segunda parte do encontro cando os de Fran Teixeira se viñeron abaixo permitindo aos locais facerse co partido. O Chapela con tan só 12 puntos continúa no decimo cuarto posto da clasificación e recibe na vindeira semana a outro rival que se atopa nunha posición semellante, o Torrelavega, con tan só dous puntos mais no seu haber.
En Primeira nacional a SAR correu unha sorte semellante. Xogaba no campo do Cisne e perdía por 32 goles a 26. Un partido moi igualado na primeira parte chegándose ao descanso cun axustado 14-12, diferencia que o Cisne iría ampliando ata chegar ao marcador final cun rédito de seis goles.
Máxima rivalidade tamén no próximo partido, será na bomboneira onde a SAR se enfronte ao seu inmediato perseguidor o Pontevedra.