Premiaranse os mellores traballos de ciencias e de innovación en lingua galega. Poden participar alumnos que cursen 6º de primaria ou calquera curso da ESO nalgún dos centros educativos de ensino público de Redondela. Os premios oscilan entre os 600 euros para os traballos elaborados por grupos de cinco membros e os 120 que recibiría o autor dun traballo individual.
O Concellería de Redondela presidida por Maria Teresa París convoca a Primeira edición do Premio de Ensino Jules Verne, co que dende a administración local se pretende dar unha nova voz a poboación de estudantes para que expresen a través dos seus traballos o seu inxenio e traballo imaxinativo.
A convocatoria contén duas liñas de traballo, o premio para o traballo de ciencias, e o premio para o traballo de innovación na lingua galega. Segundo explicou Teresa París “é un xeito de vincular o carácter científico e literario da figura que lle da nome os nosos premios, un escritor cun gran coñecemento da ciencia dos seus días e que logrou transmitilo dun xeito literario de gran valor e aceptación por público de todas as idades”.
Neste concurso poden presentar os seus traballos todos os alumnos do ensino público do noso concello, que cursen 6º de primaria ou calquera curso da ESO. Pódese presentar un traballo conxunto cun máximo de 5 compoñentes e estipúlase que cada centro de ensino pode presentar ata catro traballos.
Hai un prazo de dous meses para presentar os traballos no rexistro do concello. Os traballos han de estar titorizados por algún mestre ate o final dos mesmos. Premiaranse os dous mellores traballos de cada categoría, a través do fallo dun xurado experto, xa que contará con membros da comunidade educativa do concello.