As embarcacións de Redondela dedicadas á captura do choco iniciaron a campaña con dez días de atraso e con escasas capturas. A lonxa recibiu entre 80 e 90 kilos de choco na pasada semana e logo de dous días de campaña o venres suspendeuse novamente por mor do mal tempo.
As abundantes chuvias e os continuos temporais están a marcar o Incio da campaña do choco. Unha campaña que oficialmente tiña que arrancar no inicio de febreiro aínda que non sería ata a semana pasada cando os mariñeiros da Confraría de Redondela se fixeron ao mar logo de que a situación meteorolóxica lles dese unha pequena tregua. Os resultados foron escasos con capturas que a lonxa estima entre 80 e 90 kilos. O patrón maior de Redondela, Clemente Bastos amósase pesimista antes os resultados desta campaña xa que as fortes precipitacións das últimas semanas e a apertura das comportas do encoro de Eiras supón que chegue a enseada unha elevada cantidade de auga doce “a maior inimiga do choco”. De feito, as previsións falan dunha elevada mortalidade por esta causa como o constara a aparición de cunchas de choco e ameixa morta nas praias.