Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de afectados pola AP-9 solicita unha reunión coa Ministra de Fomento

RR_Noticias

Aseguran sentirse abandonados tanto polo goberno local como polo resto de administracións logo de seren vetados polo Ministerio que segundo explican “se nega a recibilos malia ter solicitado unha reunión en xullo do ano pasado”. Os veciños decidiron reiterar esta petición neste caso a través dun buro fax dirixido á ministra Ana Pastor.

Dende a Asociación cualifican de “lamentable” ter que chegar a gastar 28.07€ nun buro Fax para se comunicar coa Ministra”. Con todo, explican que decidiron recorrer a este sistema logo de sentirse vetados por parte do Ministerio cando dende a alcaldía lles trasladaron que “os organismos do Ministerio de Fomento en Galicia xa non os ían recibir mais e que todas as preguntas serán contestadas dende Madrid e só a través do alcalde”.
Por este motivo decidiron trasladar esa petición a través de buro fax na que demandan unha reunión para que se lles facilite información sobre a AP-9, información que levan reclamando segundo se recolle no escrito dende o ano 2008.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará