O BNG de Soutomaior lembrará cunha ofrenda floral este sábado 22 de febreiro ás 18:30 horas, no cemiterio de Arcade, ao político Lois Obelleiro, de cuxo pasamento se cumpren hoxe 6 anos.
Obelleiro non só foi concelleiro na corporación municipal de Soutomaior entre 1979 e 2000, senón que puxo ao Concello no centro do universo nacionalista, tanto a nivel político coma sindical, nos primeiros anos da transición.
No acto falará Fernando Herrero, voceiro municipal, para renderlle homenaxe a Lois pola súa loita firme en defensa da Galiza, “ao tempo que sementou amor e xenerosidade no seu pobo e naqueles que o coñeceron”.