O deputado do PP Miguel Tellado asegurou onte no Parlamento que no presente ano se procederá a equipar estas instalacións para o cal “hai xa unha partida habilitada de 400.000 euros dentro dos orzamentos autonómicos”. Unha explicación coa que respondía a unha iniciativa parlamentaria na que o grupo socialista demandaba o compromiso da Xunta “para poñer en marcha o centro no prazo máximo de tres meses”, unha demanda que foi rexeitada ao votar en contra os populares.
A deputada socialista Carmen Gallego salientou durante a súa intervención que o edificio cuxas obras se iniciaron no 2010 cun orzamento de 1,9 millón de euros leva dous anos pechado malia estaren as obras rematadas. Po reste motivo instaba á Xunta a poeñr en marcha nun prazo máximo de tres meses este centro.
O grupo popular votou en contra do prazo dado polo PSOE, mentres que o resto dos grupos si apoiaron a proposta do PSOE.
Tellado garantiu con todo que o centro se abrirá e argumentou que “hai xa unha partida de 400.000 euros nos rozamentos da Xunta deste ano para o seu equipamento”. Finalmente engadiu que “a diferencia doutros, este Goberno conta cunha planificación de prazas sociais estudada e non aplica a teoría de aplica la teoría de construír por construir e prometer por prometer”