O Multiusos da Xunqueira acolle o martes 25 ás 20:00h unha charla en apoio ás marchas da dignidade que concorrerán en Madrid o 22 de marzo contra o desemprego e os recortes sociais. Intervirán Carlos Costoya do Sindicato Ferroviario Intersindical, Estela Millar de Esquerda Unida e Manolo Camaño da CUT. O mércores convocan unha manifestación en Vigo con saída ás oito da tarde dende a praza de Fernando O Católico.
Un total de 40 colectivos sociais, cidadáns, políticos e sindicais integrados na Plataforma Galega de apoio ás Marchas da Dignidade están detrás da convocatoria destas mobilizacións que partirán dende diferentes puntos do estado para confluír en Madrid o día 22 de marzo. Entre as razóns que esgrimen para emprender esta marcha están os recortes sociais que producen graves deterioros en sanidade, educación e os servizos públicos, así como a necesidade de demandar medidas reais contra o desemprego, a precariedade e a posta en marcha da chama renda básica. Engaden dende a Plataforma que con esta protesta queren dicir “basta xa á política do goberno e da troica”. En Redondela convocan mañá unha charla aberta que terá lugar no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas para informar do motivos que os levan a esta convocatoria así como dos xeitos de participar e trasladarse a Madrid o 22 do vindeiro mes. Previamente a esa cita están convocadas para o próximo mércores 26 de febreiro, ás 20,00 horas manifestacións en diferentes cidades galegas. En Vigo partirá ás 20,00 horas da Praza de Fernando o Católico.