Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós reclámalle ao goberno que corrixa a “desfeita toponímica”

RR_Noticias

A Asociación cultural insiste na necesidade de actuar de cara a corrixir erros, recuperar topónimos e eliminar as denominacións arbitrarias coas que se teñen bautizado algúns lugares, camiños ou estradas. Aseguran que esta desfeita afecta a todas as parroquias do municipio e critican que dende o goberno non se teña feito nada por corrixir a situación.

Os exemplos de lugares que presentan unha toponimia errada son moi numerosos e afectan a todas as parroquias do Concello, segundo explica dende Alén Nós Andrés Laxe. Pon como exemplo que a rúa que debería chamarse Casto Sampedro en Reboreda teña sido rebautizada como “estrada de Ventosela” ou que en Soutoxuste de xeito arbitrario se teña bautizada unha zona como Estrada Morta. Un feito que vai máis aló da anécdota xa que se traduce en que estean a desaparecer os nomes antigos o que supón tamén desaparición dunha parte importante do patrimonio inmaterial que amosa a vinculación entre o home e o territorio dende hai milleiros de anos. Gonzalo Balo critica que non exista unha maior implicación por parte da administración local de cara a preservar este patrimonio. Un asunto que se debatía de xeito monográfico no último Consello Parroquial de Reboreda e no que todos os asistentes, segundo explicou Laxe presente tamén nesa xuntanza “evidenciaron a súa aposta porque se restaure con rigor este patrimonio que tanto di de nós: da nosa orografía, das augas, da flora, da fauna, dos propietarios das terras e da acción do home sobre a natureza”.  

Andrés Laxe Alén Nós
Enumera algunhas das desfeitas toponímicas detectadas no concello
Repercusións económicas
Unha correcta toponimia é un valor cultural pero tamén económico
Gonzalo Balo Alén Nós
Desaparición do patrimonio inmaterial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará