A cita é mañá mércores día 5 de ás 16:00 horas diante das oficinas doo Rexistro da Propiedade de Redondela, na avenida Ernestina Otero. A convocatoria forma parte da campaña que se está a desenvolver en diferentes vilas e cidades para manifestar con este acto simbólico o seu rexeitamento á reforma da actual lei do aborto que promove o goberno central.
Claudia Sánchez, de Anova Igualdade, anima ás mulleres Redondela a amosar así a súa oposición á citada reforma para deixar constancia de que as mulleres “teñen o dereito a decidir plenamente sobre o seu corpo”. Lembrou que é unha acción que se realizou noutras cidades e vilas galegas e españolas e celebrou que tamén se realice en Redondela. Previamente puxéronse en contacto co responsable do Rexisto da Propiedade da vila, onde se amosaron receptivos co acto reivindicativo, e a acto rexistral será de balde para todas as mulleres que desexen facelo. Desde Anova Igualdade confían en que esta campaña sexa “un golpe máis” contra a lei que promove o ministro Alberto Ruíz Gallardón ata que desapareza”, que xa conta co rexeitamento de todos grupos da oposición, e mesmo de membros do propio Partido Popular. Denuncian que se trata dunha medida “retrógrada”, o primeiro “paso atrás” que se dá en Europa logo de ter avanzou en dereitos da muller.