Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mal tempo obriga a suspender a Queima do Meco, que se apraza para a xornada do domingo

RR_Noticias

As previsións meteorolóxicas, que anuncian choiva e vento para a xornada de hoxe, levaron á Concellería de Festas a trasladar ao domingo todas as actividades programadas para este Martes de Entroido. O próximo día 9 Redondela celebrará todas as actividades pendentes: o desfile de comparsas, o espectáculo de Pachamama e a Queima do Meco.

Desde o Concello xa decidiran pospoñer o desfile de comparsas do Entroido programado para a pasada fin de semana, e que se celebrará o domingo día 9 . A concentración das comparsas será ás 16.00 no Campo da Feira e o desfile polas rúas da vila a partir das 17.00. Esperan que todos os inscritos, un total de 18 comparsas, poidan participar e que non teñan xa comprometida esa xornada noutras localidades. En canto ás actividades de hoxe, Martes de Entroido, tamén se van trasladar ao domingo, xa que as previsións meteorolóxicas impiden celebrar os actos con normalidade. Polo tanto as celebracións serán todas o día 9. Despois do desfile de comparsas, ás 19.30 horas, darase lectura ós premios para estas agrupacións. Logo seguirá a festa a cargo de Troula Animación cun espectáculo de animación e lume que leva por nome Pachamama. A Queima do Meco, tamén a cargo de Troula, será a partires das 20.00 horas. Este ano o boneco representa a adición aos videoxogos. A cita será diante do Concello.
Entroido en Chapela
As actividades en Chapela serán o venres, día 7, co espectáculo infantil Las Pamisuky, a partires das 18.00 horas na Alameda. O sábado día 8 celebrarán o tradicional Enterro do Berete, cun desfile polas rúas da parroquia que arrancará ás 19.00 horas. Pola noite haberá verbena na Alameda coa orqueestra Atenas, na Alameda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará