Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG ve detrás da aprobación dos orzamentos unha estratexia conxunta de PSOE e PP

RR_Noticias

O inminente acordo en Vigo que permitirá a Abel Caballero aprobar os orzamentos nesa cidade grazas ao apoio dos populares é, ao entender do BNG a confirmación de que
existe unha estratexia conxunta entre PP e PSOE que pasaba tamén por sacar adiante os orzamentos de Redondela. O goberno de Javier Bas puido aprobar as súas contas municipais para este ano grazas á abstención do socialista Luís Orge.

Entende o BNG que os orzamentos presentados polo goberno de Bas e apoiados coa abstención dun concelleiro socialista, se enmarcan dentro da dinámica de pactos  de ambas organizacións. Ao entender do Bloque “a proposta de orzamentos en Redondela podería ser o primeiro chanzo dun pacto con resultados a medio prazo”. Neste sentido engaden que a “sorprendente” decisión dun concelleiro socialista de apoiar os orzamentos do goberno popular debe contextualizarse nesta senda de acordos onde “os intereses de partido están por enriba dos intereses dos cidadáns”.
A abstención de Orge que o socialista argumentou para evitar a perda de fondos para a construción dun pavillón en A Marisma, non convence ao BNG. Aseguran que nun orzamento de 16 millóns, no caso de seren prorrogados, habería capacidade para xestionar 500.000€ cantidade que o concello debe achegar para esta infraestrutura.
Finalmente o BNG cualifica os orzamentos do 2014 como unha “trampa”, na que non se asegura unha infraestrutura de primeira necesidade como é o saneamento; o apoio a ANPAs ou centros educativos conxélase; aumentan o correspondente a convenios interparroquiais, detraendo recursos dos circuitos culturais; en servizos sociais conxélanse numerosas partidas; o fomento do emprego unicamente serve para afondar na precariedade laboral dende o Concello. Salientan tamén que as únicas partidas que medran de xeito significativo son a publicidade, na área de cultura, e o aglomerado, áridos e formigóns, en vías e obras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará