Realizarán diversos actos informativos o xoves entre as seis e as sete da tarde nas rúas Alfonso XII e Ribeira co gallo de achegar aos veciños “as consecuencias do proxecto lexislativo do ministro popular Alberto Ruiz Gallardón”. Este acto está encabezado pola secretaria de igualdade de Juventudes Socialista de España, Patricia Rodríguez, e polo secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Redondela, Isaac Araújo.
Aproveitando a celebración do Día da Muller esta tarde a partires das 18:00 horas e ata as 19:00 horas, os membros de Xuventudes Socialistas estarán no centro de Redondela, rúas Ribeira e Alfonso XII, para trasladar a campaña informativa que se está a realizar en toda España contra a lei do aborto e dar resposta a calquera dubida que poida xurdir sobre esta modificación lexislativa que promove o Partido Popular así ocmo demandar que se manteña o actual sistema de prazos. Dende o grupo de Xuventudes Socialistas denuncian que esta reforma “supón rematar cos dereitos fundamentais das mulleres e regresar a unha sociedade de profundas conviccións relixiosas que pouco teñen que ver coa liberdade dos individuos” e entenden que este é o momento de actuar co obxectivo de lograr a paralización da reforma parlamentaria porque “o máis adecuado para as mulleres e unha lei de prazos que garanta o dereito a vida e tamén o dereito a decidir como nais libres sendo a propia saúde da embarazada unha prioridade”.