Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O arranxo da estrada á praia e a retirada dun guindastre entre as prioridades de Cesantes

RR_Noticias

Logo de renovar a súa directiva, con José Antonio Sánchez ao fronte acompañado na vicepresidencia de Fernando González, a asociación de veciños critica que dende o goberno local “se neguen reiteradamente a informarnos sobre os temas pendentes na parroquia”.  Entre as prioridades de cara aos vindeiros meses atópase o arranxo da estrada á punta da praia e a retirada dun guindastre que mantén atemorizados aos veciños do Alto dos Tras.

O arranxo e asfaltado da estrada á praia da Punta segue a ser, meses despois da súa ampliación, unha das demandas prioritarias do colectivo porque entenden que “o estado no que se atopa actualmente supón un perigo para condutores e viandantes”. Lembran sobre todo que o tráfico increméntase notablemente a partir de agora, coa melloría do tempo. Coñecedores da promesa do goberno local de proceder a dito arranxo en canto rematasen as chuvias confían en que a promesa se faga realidade o antes posible pero tamén critican “que non se fixera con anterioridade xa que a obra de ampliación de ADIF fíxose no verán e o mal tempo non comezou inmediatamente despois”. Outra das demandas pasa pola retirada do guindastre de grandes dimensións que se atopa na zona do Alto dos tras. Asegura Fernando González que os veciños temen que esta instalacións poida virse abaixo co conseguinte perigo para as vivendas que se atopan nas inmediacións. Por este motivo, reclaman que dende o concello se inste a empresa responsables a retirala. Dende a Asociación traballan tamén na recuperación da Ruta das Sete Fontes polo que esta mesma tarde percorrerán ese sendeiro para realizar unha reportaxe fotográfica que logo trasladarán ao concello solicitando o seu adecentamento e sinalización.  

Fernando González AVV Cesantes
Reclaman o arrranxo da praia á punta e denuncian a súa perigosidade
Guindastre no Altos dos Tras
Reclaman información sore a situación da instalación
Ruta das Sete Fontes
Queren recuperar e adecentar o paseo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará