O Redondela Fútbol Sala afiánzase na cuarta praza do grupo en Autonómica Sur logo dunha nova vitoria esta fin de semana na súa visita ao campo do San Martiño. 4-5 foi o resultado final dun encontro de infarto que lle volvía dar os tres puntos aos de Julio Mougán a falta tan só dun minuto para o final do partido. Na vindeira semana reciben ao Mondariz, equipo que se atopa nos postos baixos da categoría.
O Redondela Fútbol Sala estase convertendo un asiduo nos últimos encontros, primeiro, a crear un ambiente do máis taquicárdico coa emoción do resultado, e segundo, empregando a táctica do porteiro xogador que lles volvía dar tres puntos a tan só un minuto para o final.
Un combativo San Martiño, pelexando por saír dos postos de descenso, chocou cun Redondela sen tanta ambición. O partido comezar ben para os visitantes xa que aos 25 segundo Tizón poñía o 0-1 no luminoso. Con todo, os de Redondela non se sentían cómodos na pista e ao descanso chegaríase cun empate a dous tantos.
A segunda metade foi de cor redondelán aínda que non sería ata o final cando a tan só un minutos de rematar o partido Borja conseguira o 4-5 que xa sería definitivo.