A Concellería de Servizos sociais e igualdade organiza ao longo de todo o mes de marzo un programa de actividades orientado a conmemorar o día da Muller. Entre as citas previstas a Concelleira Teresa París salienta a andaina guiada que o sábado día 22 se vai celebrar pola ruta arqueolóxica de Monte Penide aberta a todo o que queira achegarse e que pretende ser unha xornada de convivencia.
Con todo, a actividade máis inmediata será este mesmo venres 14 cun vídeo forum no Círculo Cultural de Cesantes ás seis da tarde. Unha actividade que se repetirá o venres 28 de marzo na asociación de mulleres Agarimo de Chapela ás 16:30 horas. Proxectaranse as películas “La bicicleta verde” e “Wolf Children” e a continuación os asistentes poderán participar dun pequeno debate en torno á película visionada. Entre as novidades deste ano atópase tamén unha actuación a cargo dos participantes dos grupos de dinamización teatral que ofrecerán na sede da asociación Miñoteira en Ventosela un espectáculo de teatro cabaret en playback. Unha actividade aberta este sábado ás dez da noite. Xa a vindeira semana arrancarán as actividades o mesmo luns cunha sesión de fortalecemento en grupo en Cedeira. Outra das novidades deste ano será unha sesión de biodanza impartida por Sara Rodríguez no centro cultural de Cedeira o luns 24 de marzo e xa de cara a final de mes celebraranse dúas charlas a cargo da psicóloga e directora do Centro de información ás Mulleres Marina Iglesias, quen falará o martes 25 en Soutoxuste e o luns 31 na Miñoteira da coeducación.