Unhas 260 familias do noso concello están afectadas directamente pola situación de paro que vive a flota de cerco. Redondela é, segundo explica o representante do cerco na confraría Antonio González “Tonacho” a segunda de toda Galicia en número de barcos. Este armador asegura que co actual reparto de xarda e xurelo un barco como o seu “con 8 tripulantes” só podería vivir un mes.
Denuncia o reparto actual que cualifica de inxusto e anuncia que mentres non se modifique continuarán cóas mobilizacións. Unha protestas que onte deixaban en Santiago de Compostela importantes incidentes e que parece van continuar no futuro. Mariñeiros e armadores anuncian que resistirán mentres non se corrixa o reparto actual nas cotas de xarda e xurelo “un reparto inxusto que fai que comunidades como o País vasco con moitos menos tripulantes teña unha cota moito maior que Galicia”. Unha situacións que ao entender dos afectados débese á falta de peso do goberno galego en Madrid á hora de negociar este reparto e esixen que se “renegocie unha nova redistribucións menos prexudicial para os galegos”. Tonacho lamenta o acontecido onte en Compostela, con queima de colectores e lanzamento de pedras por parte dos manifestantes e disparos de pelotas de goma e agresións pro parte da policía. Asegura que a mobilización comezou pacificamente pero que conforme avanzaron as horas os ánimos fóronse caldeando ata chegar aos enfrontamentos”. Unhas protestas que seguirán “ata que non poidamos máis”.