A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso xunto coa Sociedade Cultural do Viso organizan unha nova edición do día da árbore para o vindeiro domingo 16 de marzo coa plantación de piñeiros e castiñeiros no monte do Espiño. Convidan aos veciños a participar desta actividade que arrancará ás 11:00 horas. O punto de encontro será a carballeira do monte do Espiño, por enriba do barrio da Nogueira.
A plantación centrarase en ampliar unha zona desarborada con piñeiros e máis con castiñeiros para deste xeito aumentar a diversidade arbórea da zona ao tempo que se realiza unha labor didáctica entre adultos e os máis cativos achegando a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en man común en concreto.
O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha luvas e ganas de traballar para conseguir un monte que siga proporcionando recursos tanxibles e intanxibles como poden ser as augas, a paisaxe, a fixación de carbono, leñas, froitos como as castañas, cogomelos, hábitats de fauna e flora.
Unha iniciativa da Comunidade de Montes e a Sociedades Cultural do Viso na que colaborarán como en anos anteriores “Silvareira Servicios Agroforestais” e “Maquinaria Agrícola Carpintero”.