Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mozos europeos idean unha mobilidade alternativa para Redondela

RR_Noticias

Ir ao colexio en bicicleta, desprazarse a pé ou compartir o vehículo privado de xeito sistematizado son algunhas das propostas que estes días se están a analizar dentro do proxecto europeo “Cooperative mobility” que se está a desenvolver en Redondela. Coordinado pola cooperativa Trespés e con presenza de vinte mozos e mozas procedentes de Exipto, Macedonia, Bélxica e Galicia, as conclusións daranse a coñecer hoxe venres nun acto público aberto que terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 horas.

Mozos procedentes de Exipto, Macedonia, Bélxica e Galicia participan destas actividades enmarcadas dentro do programa de mobilidade que durante toda a semana se desenvolveu en Redondela. Os participantes coñeceron a realidade do noso muniicipio con rutas en bicicleta pola bisbarra pero tamén se achegaron a Pontevedra, como referente de cidade que “aparcou” o coche para dar maior protagonismo aos peóns. Un coñecemento do territorio que lles serve tamén para analizar a realidade da mobilidade e propoñer posibles alternativas encamiñadas a procurar outras formas menos daniñas para o medio ambiente e que poidan ser unha alternativa real a aplicar no noso concello. Neste sentido unha das propostas máis interesantes era a presentada polo grupo chegado dende Bélxica e que consiste nun sistema de “compartir coche de xeito organizado”, unha rede na que están inscritos condutores e peóns que se recoñecen a través dun distintivo estandarizado para así facilitar un uso máis racional do vehículo privado. As conclusións preséntanse esta tarde ás 20:00 horas nun acto aberto que terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura.  

Tania Martínez Trespés
Os participantes analizan e sopesan diferentes alternativas de mobilidade sostible
Claire Laloux participante
Dende Bélxica achegan un proxecto novidoso para compartir coche

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará