O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas confirmou ó Concello de Redondela que o agardado proxecto de ampliación da estrada PO-250 sobre o río Alvedosa estará licitado antes do verán. Agustín Hernández avanzou que a obra conto cun orzamento superior ós 150.000 euros , e que estará rematada neste ano 2014.
Esta ampliación, tanto da estrutura para o tráfico rodado como das beirarrúas, mellorará a seguridade viaria tanto dos coches como dos peóns.Outro proxecto deste mesmo departamento e que tamén terá luz verde antes de xuño será a mellora tecnolóxica da depuradora de Redondela, que ten como un dos seus obxectivos a desodorización desta instalación.