Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Suspenden o partido do Redondela F.S. por impagos do Mondariz

RR_Noticias

A Federación Galega de Fútbol Sala comunicaba ao equipo de Julio Mougán a súa decisión de non designar árbitro para o partido que o equipo de Redondela ía disputar co Mondariz por impagos do Club. Unha situación que afectaba ao Mondariz Fútbol Sala xa na xornada anterior dando por perdido o seu encontro ante o Marcón por 0-6.

Os de Redondela esperan agora a resolución do Comité de Competición. Na vindeira semana confían que non haxa incidencias que impidan a normal celebración do partido que está previsto se xogue na bomboneira o sábado 22. Os de Mougán recibirán ao Marcón, equipo situado moi por baixo dos de Redondela, no decimo segundo posto da táboa en autonómica sur.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará