Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para participar no concurso de contos Froles Mareliñas

RR_Noticias

A Asociación Cultural Froles Mareliñas convoca o Concurso de Contos Curtos 2014 coa finalidade de promover a creación literaria entre nenos e adultos. O prazo de presentación de traballos remata o 15 de abril. Establécense tres únicos premios de 100 euros para cada unha das categorías, premio infantil, xuvenil e adultos.

As persoas interesadas en participar deberán presentar relatos que non superen as 8 páxinas mecanografadas a dobre espazo en letra Arial tamaño 11, por unha soa cara. Ademais  incluirase obrigatoriamente unha páxina como portada, cunha ilustración a cor, realizada polo autor do conto. Deberanse enviar tres orixinais impresos e grapados, cada un dos cales deberá ir asinado con pseudónimo e deberá constar a categoría á que compite, infantil, xuvenil e adulto, sendo obrigatorio acompañar dun sobre cerrado con nome, apelidos, idade, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto do autor/a, e unha fotografía en cor tamaño carne.
Os orixinais entregaranse indicando no sobre “Concurso de contos Froles Mareliñas”,  en man na sede da Asociación Froles Mareliñas en Chapela, ou por correo postal ao enderezo
Asociación Cultural Froles Mareliñas
Rúa Formiga, 17
36320 Chapela-Redondela
Pontevedra
A data tope para a admisión de orixinais será o 15 de Abril de 2014.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará