Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cincuenta establecementos participan da campaña do Día do Pai do comercio de Redondela

RR_Noticias

Os comercios adheridos á campaña ofertarán durante todo o mes de marzo vales desconto que permitiran rebaixas de ata o 30% nalgúns dos seus artigos. Unha iniciativa da Asociación de Empresarios baixo o lema “Descubre o que che ofrece o Comercio de Redondela. A mellor opción para aforrar é mercar aquí”.

A través duns folletos que se poden atopar nos comercios participantes, os clientes poderán conseguir os cupóns desconto cas distintas ofertas do Comercio local. Do mesmo xeito estas promocións tamén poderán ser descargadas dende a web http://promocions.empresasredondela.com Neste folleto os clientes atoparanse con distintas promocións ou ofertas que serán válidas durante todo o mes de marzo, sendo tamén un agasallo máis que ofrecer no día do pai e que lles permitirá obter descontos de ata un 30% en artigos diversos tales como produtos tecnolóxicos, gafas de sol, electrodomésticos, roupa, calzado e incluso artigos para o bebé.    

Fran Peixoto Asociación de empresarios
Unha campaña que se prolongará durante todo o mes de marzo
Vales desconto
Pódense descargar da páxina web da asociación ou recortar dos folletos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará