Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pídelle ao pleno que apoie as demandas da flota do cerco

RR_Noticias

A flota de cerco regresa ao mar o vindeiro luns logo de acadarse un acordo provisional polo que a flota do País Vasco lle cede a Galicia 400 toneladas o que lle outorga os barcos galegos un número maior de capturas tanto en xurelo como en xarda. Un acordo que malia todo non da resposta ás petición do sector que pasa porque o reparto da cota se faga por número de tripulantes e non de descargas de anos anteriores. Unha petición que chegará tamén a sesión plenaria que se celebra o vindeiro xoves a través dunha moción presentada polo BNG.

Os nacionalistas solicitan ao resto dos grupos presentes na corporación que apoien as demandas da flota de cerco sobre a necesidade dunha nova negociación en torno  ao reparto das cotas en base a criterios equitativos.
Ao entender do BNG “o Estado español é cómplice, mentres o Goberno galego cala, admitindo uns criterios discriminatorios, ao igual que a Unión Europea, esquecéndose dos argumentos de boa xestión pesqueira, e permitindo  uns criterios máis políticos que sociais, abocando a flota galega á miseria”.
Entenden que a única saída para garantir o futuro do sector pasa porque o Goberno español anule o preacordo existentes e que se inicie unha nova negociación onde os criterios sexan obxectivos, isto é: debe existir un reparto lineal proporcional ao número de embarcacións, onde se prime o número de tripulantes e os criterios de responsabilidade.
Por iso, o BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal que apoie as demandas da flota de cerco galego que pasa por “un reparto xusto das cotas da xarda e do xurelo” e que esixa “un cambio profundo da Política Común de Pesca da UE, e a derrogación do Principio de Estabilidade Relativa, que consagra a discriminación estrutural da flota pesqueira galega”. Solicitan tamén que se reivindique o exercicio pleno das competencias galegas sobre as nosas augas, eliminando as cotas de pesca fixadas desde Bruxelas no noso propio litoral.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará