Nefastos resultados no balonmán local nunha fin de semana na que tanto Chapela como Sar caían ante os seus respectivos rivais. O Costrucciones Castro encaixaban unha derrota pola mínima no derbi que os enfrontaba ante o Teucro, equipo que vencía por 27 goles a 26. Derrota tamén para a Sar Plastic Omnium que caía ante o líder da súa categoría, o Mecalia Novas nun encontro que remataba co resultado de 32-23.
O Construcciones Castro Chapela tiña este sábado unha cita fundamental de cara a garantir a súa permanencia en División de Honra Prata. Desprazábanse ao pavillón municipal de Pontevedra para enfrontarse ao Teucro, un partido disputado ante 800 espectadores que gozaron dun partido onde houbo moita igualdade sobre todo nos primeiros minutos do partido. O Chapela xogou unha moi boa primeira parte chegándose ao descanso con vitoria para os visitantes por 12-15. Con todo, na segunda parte do encontro o Teucro acurtou distancias e nuns últimos minutos agónicos para o Castro Chapela os pontevedreses fixéronse co partido gañando por tan so un gol de diferencia. 27-28 foi o resultado final dun partido que mantén ao Chapela na decimo cuarta praza da categoría. Xogan na vindeira semana na casa, reciben ao cuarto, o Zamora.
A SAR pola súa banda tiña un encontro complicado xa que xogaban contra o líder da categoría, o Mecalia Novas. Malia que lograron chegar ao descanso gañando 12-14 na segunda parte o actual campión de liga amosou a súa superioridade chegándose ao final cun contundente 32-23. Os de Redondela son novenos e na próxima xornada xogan con Lalín.