Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela tamén estivo na Marcha da Dignidade de Madrid

RR_Noticias

Os organizadores falan de éxito indiscutible na convocatoria que congregou a milleiros de persoas procedentes de diversos puntos de toda a península. Unha mobilización que se vivía en Madrid o pasado sábado e que deixaba tamén altercados ao seu remate e a detención de vinte e unha persoas, entre elas tres galegos.

O baile de cifras sobre o número de participantes non preocupa aos organizadores que entenden que a convocatoria foi secundada maioritariamente e insisten en que “si na visita do Papa se falaba de máis de un millón e medio de persoas pódese ver que o número de participantes na protesta do sábado foi semellante”. Sobre os actos violentos que se producían ao finalizar a marcha insisten en que a protesta foi pacífica e que se esta tratando de criminalizar a mobilización. Cualifican tamén a actuación policial de provocación. Carlos Costoya do Sindicato Ferrovial Intersindical, un dos 40 colectivos integrados na Plataforma Galega de Apoios ás Marchas da Dignidade, lembra que as mobilización continuarán mentres non se dea marcha atrás aos recortes sociais que producen graves deterioros en sanidade, educación e os servizos públicos e non se poñan en marcha medidas reais contras o desemprego, a precariedade e a aprobación da chamada renda básica.  

Carlos Costoya Marchas da Dignidade
Éxito de participación
Altercados
Unha marcha pacífica con incidentes puntuais
Futuro
O obxectivo é seguir esixindo que se acabe cos recortes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará