Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE alerta do perigo de incendio nas inmediacións do colexio de Quintela

RR_Noticias

O grupo socialista pon de manifesto que o concello está a incumprir a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia ó permitir a existencia de especies arbóreas invasoras a escasos metros do centro escolar de Quintela. Reclaman unha actuación no lugar que minimice os riscos cunha limpeza profunda do entorno do centro educativo.

Os socialistas denuncian a existencia de mimosas a dez metros do recinto escolar na parte baixa e eucaliptos pola zona alta cando a lei vixíente establece que “para lugares de especial sensibilidade as especies como o eucalipto e as mimosas deben estar a 50 metros de distancia e para os núcleos de chan de núcleo rural establécese en 30 metros”. Engaden que un centro escolar, con centos de nenos nas aulas, é un lugar de especial sensibilidade e que, en todo caso, en Quintela non se cumpre ningunha das dúas distancias porque as árbores están a escasos metros do recinto escolar o que pode supoñer un perigo en caso de incendio. Esta situación agrávase porque o centro educativo está rodeado de bosque por tódolos seus costados.
A agrupación socialista asegura que o concelleiro de Vías e Obras, Cándido Vilaboa, coñece esta situación dende hai varias semanas porque así se lle foi trasladada dende os centros educativos. De feito, o pasado venres con motivo da celebración dun consello escolar municipal, recordóuselle ó goberno municipal esta situación para que tratara de atallala. Os socialistas ademais presentarán un rogo no pleno de mañá xoves solicitando ao goberno local que adopte as medidas necesarias para atallar esta situación que pasan por “actuar sobre as especies invasoras como mimosas e eucaliptos e, ademais, proceder a unha profunda limpeza do entorno para eliminar o matogueira e deixar as árbores permitidas como os carballos, que non constitúen perigo”.
Conclúen os socialistas afirmando que “o centro escolar de Quintela representa, nestes momentos, un claro exemplo de como o concello de Redondela incumpre a lexislación autonómica en materia de prevención de incendios forestais ó non actuar no entorno deste centro educativo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará