Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte compañías de oito países diferentes participan no XV Festival Internacional de Títeres

RR_Noticias

O certame celebrarase en Redondela do19 ao 25 de maio con agrupacións chegadas de Ecuador, Chile, Francia, Italia, Rusia, Portugal e Arxentina, ademais das compañías galegas e do resto do Estado. A edición deste 2014 presentarase tamén o CD Son Titiriteiro e a exposición Vida Acuática.  

O Festival Internacional Memorial Juanjo Amoedo contará unha vez máis con representacións para o público escolar, actuacións de sala no Multiusos da Xunqueira e outras ao aire libre polas diferentes rúas e prazas de Redondela. Os organizadores aproveitaron onte a celebración do Día do Teatro para presentar esta edición. Xandre Vázquez, responsable de comunicación do certame, foi o encargado de ler o manifesto de Brett Bailey, onde se pon en valor a función social do teatro, xa que “onde queira que haxa sociedade humana, o irreprimible espírito da representación maniféstase”. Luis Crespo, director artístico do Festival salientou a “gran calidade” das compañías participantes, e da dificultade que supón ano tras ano atopar novidades par sorprender ao público redondelán. Asegura que todas as agrupacións son de alto nivel, e destaca entre outras, á compañía local Tanxarina, co espectáculo “A casa do avó”, os chilenos Teatro Milagros que porán en escena “El capote” e “Sobre la cuerda floja” e ao catalán Jordi Beltrán con “El aliento de los hilos” e “Antología”. Tamén participarán Titiritainas (Ecuador), La Tartana (Madrid), Les Goulus (Francia), Otto Panzer (Italia), Rocamora Títeres (Cataluña), LExcuse Theatre (Francia), Teatro Tenj (Rusia), Txo Títeres (Cataluña), Sa Marionetas (Portugal), Pizzicatto Teatro (Arxentina), Spasmo Teatro (Castela León), e os galegos Emedous.O concelleiro de Cultura, Julio Alonso, destacou tamén a relevancia desta cita no calendario redondelán, que está consolidada como unha das máis importantes do noroeste peninsular, e que contará un ano máis co apoio do Concello. De feito, o Festival Internacional de Títeres de Redondela é xa “un símbolo da localidade”, que conta co apoio non só do Concello, senón tamén de toda a sociedade e dos establecementos comerciais do municipio. Esta 15ª edición contará tamén con actividades paralelas, como a presentación do disco “Son Titiriteiro”. Alfonso Conde, da Asociación Xente Titiriteira, explicou que no traballo participan un total de 19 grupos de música locais con temas inéditos adicados ao festival. O CD gravouse nas instalaciones do local de Ensaio do Concello, por onde pasaron Retroblues, Circo de Pulgas, The Silence, RMS, Caramuxo Vermello, Os Carambolos e María Fumaça, Alberto Vilas, Suso Ben, Os Rabaquetas, Black Noise, Pipas Band, Lolo Nantes, O penico ovo frito, A banda do Pipa, Walter Mathaus, Os croquetas, Xachodixen, Sete cuncas e Tok. Os estilos musicais que integran neste traballo van desde o folk, pasando polo rock, heavy ou pop. Todo un abano de estilos que soará no festival, e que se poderá adquirir nos postos de venda da organización e en diferentes establecementos da vila. Outra das actividades que acompañarán ao festival é a exposición Vida acuática de Ferroluar, o escultor da chatarra en movemento, que creou un labirinto acuático de animais sorprendentes, criaturas do mar que se moven e renxen ao paso dos visitantes. A mostra poderá visitarse no Multiusos da Xunqueira, e a entrada custará 1 euro, un módico prezo para poder ver unha exposición que Crespo cualifica de “extraordinaria”, polo que mesmo chanceou coa posibilidade de devolverlle os cartos aos que non quedaran satisfeitos coa mostra. Outras actividades paralelas ao certame serán as actuacións de The Turres Band, os obradoiros de Xoeira, A Casa dos Xogos e Calcetín Furado.

Luios Crespo director do Festival
Esta edición contará con compañías de oito nacionalidades diferentes.
Julio Alonso edil de Cultura
O festival é todo un referente cultural que contará un ano máis co apoio do Concello.
Alfonso Cabaleiro Xente Titiriteira
Presentarase o CD Son Titiriteiro elaborado por 19 grupos locais con temas dedicados ao fesival.
Exposición Vida Acuática
Poderá visitarse no Multiusos da Xunqueira desde o 12 de maio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará