Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As pistas de tenis e pádel de Soutomaior estrean cuberta

RR_Noticias

O Secretario Xeral para o deportes, José Ramón Leta, participa hoxe luns ás 20:00 horas na inauguración das obras de cubrimento das pistas de tenis e padel do pavillón Municipal de A Montesiña en Soutomaior, unha actuación na que se investiron máis de 100.000 euros. Co gallo deste acto a partir das 18:30 horas terá lugar unha exhibición de tenis e pádel onde participarán as mellores raquetas galegas.

O departamento da Xunta investiu máis de 100.000 euros na construcción das cubertas das pistas, así como na recolocación do alumeado existente e na renovación do pavimento da pista de pádel e no revestimentos das súas paredes con policarbonato, co obxectivo de mellorar as condicións para a práctica destes deportes.
Neste momentos o Concello de Soutomaior conta con máis de cen participantes nas escolas deportivas para adultos e para nenos así como o club Tenis & Padel Soutomaior que compite na liga galega de tenis con dous equipos e na liga Rías Baixas de Pádel cun  equipo masculino e outro feminino.
Co gallo deste acto a partir das 18:30 horas terá lugar unha exhibición de tenis e pádel onde participarán as mellores raquetas galegas.
Na pista de tenis os mellores xogadores do ranking galego medirán o seu xogo. Roberto Rodríguez numero 1 de Galicia e 42º de España enfrontarase a Rodrigo Figueroa número 2 de Galicia e 55º de España.
En Pádel Masculino a parella formada por Nicolas Garcá “Nico” e David García enfrontaranse a Vicente Villanueva e Victor Dominguez “Pipo”
En Pádel feminino as irmás Carla e Sabela Barciela mediranse con Marcela Joyas
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará