Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE reclama que se acelere a tramitación das axudas ao comedor escolar

RR_Noticias

O grupo socialista de Redondela entende que o goberno municipal ten que adiantar en
varios meses a publicación das bases para as axudas de comedores escolares para o
vindeiro curso porque “non é de recibo que a concesión destas axudas se resolva no mes de marzo, cando xa está cuberto o ecuador do curso”.

Dos 18.000 euros que recollía o orzamento para estas axudas só se outorgaron 12.000
euros que servirán para os últimos meses do curso. Salientan que malia que para aqueles pais que pagaron pola súa conta o comedor agora teñen dereito á axuda xa que ten carácter retroactivo houbo moitos outros beneficiarios que non puideron deixar ós seus fillos no comedor porque, directamente, non teñen capacidade económica para adiantar os cartos durante máis de cinco meses.
O grupo municipal socialista presentou un rogo no pleno no que solicita que se convoque canto antes a comisión de servizos sociais para que “tódolos grupos representados no pleno poidan valorar e promover modificacións nas Bases Reguladoras da Convocatoria do Programa de axudas de comedor escolar no curso 2014/15”.
Entre os cambios demandados en ditas bases estarían a aprobación das mesmas con  anterioridade así como a modificación dos criterios de adxudicación no camiño de incrementar o número de beneficiarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará