Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Risto Mejide partipará nun congreso de comunicación en San Simón

RR_Noticias

A Illa acollerá os días 25 e 26 de abril a cuarta edición do congreso #NeThinking, un foro organizado pola Consellería de Cultura e Educación no que se analizará o presente e futuro de Internet e as redes sociais. Ao equipo de expertos en comunicación, redes sociais, educación ou mercado dixital sumaranse este ano novas incorporacións como a do publicista e comunicador Risto Mejide ou o presidente da Fundéu, Joaquín Müller
A Illa do Pensamento abrirase de novo á participación virtual a través de streaming e Twitter.

San Simón acollerá os días 25 e 26 de abril #NeThinking2014, un encontro impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que celebra a súa cuarta edición convertido nun referente a nivel estatal dos eventos vinculados aos modos de comunicar en internet e redes sociais.
O obxectivo do foro é conversar sobre os nosos modos de comunicar, xerar ou distribuír contidos e obter rendemento social, laboral e empresarial na era internet. Nesta edición as temáticas principais estarán vinculadas a aspectos como os novos medios de comunicación, a Lei de Propiedade Intelectual, o emprendemento ou a chamada internet das cousas. Como nas edicións anteriores, as xornadas serán abertas e dinámicas, con participación libre de todos os integrantes do foro, aos que os internautas poderán formular preguntas en directo e compartir as súas reflexións sobre o presente e o futuro dun mundo en permanente revolución.
Ao equipo formado por artistas, creadores, referentes da blogosfera, consultores e xornalistas que veñen participando neste singular foro sumaranse o publicista e comunicador Risto Mejide, o director xeral da Fundación del Español Urgente, Fundeu, Joaquín Müller, e os profesores Miguel Ángel López, “Hematocrítico” e Joaquín Rodríguez. Compartirán as súas impresións con expertos como Ismael El-Qudsi, Mario Tascón ou Javier Celaya, xornalistas e creadores como Raquel Martos ou Julián Hernández e experos en medios dixitais como Marilín Gonzalo ou Eduardo Arcos.
O singular formato de #NeThinking permitirá abrir de novo durante dous días a Illa do Pensamento non só a nivel físico senón tamén virtual, xa que as sesións retransmitiranse en directo por streaming e cun activo seguimento en Twitter.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará