Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro de día de Cesantes non será para maiores

RR_Noticias

A Secretaria xeral de política social Coro Piñeiro confirma, en contestación á deputada nacionalista Carme Adán, un cambio na finalidade do Centro de Cesantes pendente dende hai anos da súa apertura. Asegura que “non existe demanda en Redondela para o Centro de Día” polo que estas instalacións se destinarán á atención de persoas con discapacidade intelectual con síndromes asociados de enfermidades mentais.

A Secretaria xeral de Política Social explica este cambio de finalidade por considerar que “as demandas da zona en atención diurna para os maiores non son suficientes como para poñer en funcionamento un Centro de día”. Unhas instalacións que segundo o proxecto ía atender a 51 usuarios, 21 en prazas de carácter residencial e trinta no centro de día e que agora se destinará a atender a pacientes con discapacidade intelectual con síndromes asociados a enfermidades mentais “con máis demanda asistencial” segundo dixo Coro Piñeiro. O BNG de Redondela considera “un agravio o cambio de finalidade do Centro de Cesantes” que deixa ao noso concello sen “un equipamento de carácter social de primeira necesidade”. O concelleiro nacionalista Xoán Carlos González.critica que despois de seis anos dende que se iniciaran os trámites de construcción do Centro de Dia e Fogar Residencial de Cesantes, e máis de dous dende que as obras están rematadas, a Consellaría de Traballo, anuncie agora que non se vai crear dito equipamento botando por terra as expectativas de veciños, familias e colectivos posto que se trata dunha demanda de primeira necesidade para unha atención de calidade ás persoas maiores”. Pregúntanse tamén no BNG “que papel desempeñou o alcalde Javier Bas en todo este proceso e se foi informado cando a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, visitou Redondela tendo en conta que na propia intervención a responsábel da Xunta recoñece que levan varios anos negociando o cambio de finalidade do Centro”.  

Coro Piñeiro Secretaria xeral de Política Social
Explica o cambio de finalidade do Centro de Cesantes
Cambio xa previsto
O centro dotarase con equipamento axeitado ao novo uso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará