Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. terá que xogar catro partidos de liga en oito días polos aprazamentos

RR_Noticias

Na directiva do club lamentan a “permisividade” da Federación Galega con algúns clubs, que solicitan aprazamentos, o que está a prexudicar ao equipo redondelán. Os xogadores de Julio Mougán terán que enfrontarse ao Abetos e ao Pandiña os días 26 de abril e 3 de maio, como marca ao calendario, e deberá xogar os aprazados con Lavadores e Talleres ABC Vigo o 27 de abril e 2 de maio.

O partido co Lavadores Transportes Arias, previsto para o pasado 29 de marzo, foi aprazado a petición do equipo vigués por mor da festividade da Reconquista. O de Talleres ABC non se disputou por decisión arbitral ao non reunir a pista as condicións axeitadas por condensación. Precisamente os dous encontros terán que disputalos nunha semana maratoniana e contra os dous primeiros clasificados. Ante o complicado fin de mes que teñen por diante, no club preparan o encontro deste sábado en Redondela diante do Garciaaraújo.com. Un equipo forte e veterano ante o que deben sacar un resultado positivo se queren seguir con opcións de achegarse ó segundo posto da táboa. Un partido no que podería reaparecer Diego Barros, logo de que o porteiro se comprometera co Redondela FS ata final de tempada. O club enche así un oco importante na portería redondelá, asolada polas lesións. Diego xa participara ao longo da temporada nalgún adestramento con primeiro equipo, e a directiva só ten palabras de “agradecemento” para o gardameta, do que destacan a súa “predisposición, ilusión e compromiso”. Os alevíns de Redondela FS e Casa Paco xogarán a Fase Final da Liga No club amósanse moi satisfeitos con este logro, froito do bo traballo do corpo técnico e xogadores do Alevín “A”. Como campión do seu grupo xogará a fase final da liga. Polo sorteo aos redondeláns tocoulle xogar un partido previo, e será ante o campión do grupo 3, que é o ED Vigo2015 “A”. O gañador, xa se incorporará ás semifinais. Os de Casa Paco tamén terán que xogar unha fase previa antes de poder meterse nas semifinais, será ante A Paz FS, o día 12 de abril en campo neutral a partido único, de conseguir a victoria enfrentaríanse ao CD Miralba “A”.  

Julio Mougán adestrador
No club lamentan a permisividade da Federación que os obriga a disputar catro partidos en oito días.
Redondela F.S.-Garcíaaraujo.com
Os redondeláns deben gañar para seguir na pelexa pola segunda praza do grupo.
Alevíns A na final
No club amósanse moi satisfeitos polos éxitos das categorías da base.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará