Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación da Guía para o descenso enerxético

RR_Noticias

A cooperativa Trespés organiza, xunto coa organización Véspera de Nada, presentan o lanzamento en Redondela da Guía para o Descenso Enerxético, unha publicación que analiza en clave galega o contexto do peak-oil ou teito do petróleo. O acto terá lugar o xoves ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

Xoán Doldán, un dos autores da Guía e profesor de economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, será o encargado de conducir o acto, facendo un achegamento ao contexto actual do petróleo, os horizontes que se prognostican, e os xeitos de poder reaccionar como sociedade ante a caída da produción mundial dun recurso enerxético central como é o petróleo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará