Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR malla ao Artabro e o Chapela sofre unha nova derrota ante o Amenabar

RR_Noticias

O Chapela malia ser superior ao seu rival deixou escapar os puntos do partido disputado en Zarautz nos últimos minutos do encontro. Marcador final de 31-26 a favor do Amenabar nun partido que dominou o Chapela. Mellor sorte para a Sar que acadou unha contundente vitoria na súa visita ao campo do Ártabro. 15-29 foi o resultado deste partido que os de Redondela disputaron fora da casa.

O Chapela visitaba terras vascas esta fin de semana para enfrontarse co Amenabar Zaraut. Un encontro no que os de Redondela foron superiores dende o inicio, superando a defensa local sen dificultade e chegando ao descanso cunha vantaxe de tres goles. As cousas cambiaron na segunda parte do encontro, onde os locais recortaron distancia chegándose aos últimos minutos cun empate no marcador. Situación que empeoraría xa que os de Zarautz aproveitaron o tramo final do encontro para marcar cinco tantos, un marcador de 31.-26 que non fai xustiza ao partido desenvolvido polos de Chapela. Un equipo que se mantén no posto decimo cuarto e que na vindeira fin de semana recibe ao Antequera, oitavo na categoría.
Mellor lle foron as cousas aos da Sar, equipo que viviu esta fin de semana un partido no que foron claramente superiores ante o Ártabro como o amosa o resultado final, un contundente 15-29 a favor dos redondeláns. Cita máis complicada a que teñen na vindeira semana porque, aínda que xogan na bomboneira, reciben a un dos fortes da categoría. O Calvo Xiria, segundo na táboa.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará