A súa dilatada experiencia como restaurador e pintor non evitaron que este veciño de Reboreda se amosara “emocionado e agradecido” ante o numeroso público que acudía o pasado venres á inauguración da exposición que se poderá visitar no Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro 14 de maio. Ademais do Concelleiro de Cultura Julio Alonso e o propio alcalde Javier Bas, asistiu o presidente da Real Academia galega, Xesús Alonso Montero
Montero salinentou que este tipo de actividades son tan só “o primeiro capítulo dunha reparación” en referencia á falta de recoñecemento que existe cara “Angel Barros, unha autoridade no eido da restauración artística como así o recoñecen os especialistas que traballan en París, na Comunidade valenciana ou en Montevideo”, cidades nas que este veciño de Redondela traballou intensamente. O presidente da RAG falou tamén dun recoñecemento “á dignidade que os grandes resturadores lle confían aos seu oficio e que vai máis alá da destreza técnica”. Unha exposición integrada pro cadros nos que dende hai anos traballa Barros nun obradoiro de Reboreda no que dedica horas a reproducir cadros valiosos da pintura mundial como Las Meninas de Velazquez ou Los fusilamientos de Goya. Copias “nas que hai tamén moito mérito” segundo explicaba o autor, quen engade que este tipo de traballos lle permite afondar en técnicas que coñeceu a través do seu labor como restaurador. Un oficio que Angel Barros desenvolveu en París nas décadas dos anos 60 e 70, chegando a traballar no Louvre. Posteriormente regresaría a España onde traballou para a Generalitat Valenciana. Na actualidade, xubilado e de volta a súa terra natal, continúa coa súa paixón en Reboreda. A súa obra poderase visitar ata o 14 de maio nas salas I e II do Multiusos.