O arranxo do firme na estrada da Praza da Constitución obrigará a manter esta vía pechada aos tráfico rodado tanto na xornada do martes como do mércores. Segundo explicou o concelleiro de tráfico, Arturo González, os operarios comezarán a traballar na mañá do martes 8 na reparación das pedras que se atopan levantadas.
A rúa permanecerá pechada dúas xornadas polo que os condutores da zona alta e aqueles que adoitan empregar esta estrada para dirixirse a Reboreda deberán buscar vías alternativas pola Praza da Farola.
Na xornada do mércores está previsto tamén que o corte afecte durante algunhas horas á rúa Telmo Bernárdez.