Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre O Valego na Casa da cultura

RR_Noticias

A Casa da Cultura acolle o martes 8 ás 20:00 un relatorio sobre as falas galegas de Estremadura. Unha actividade enmarcada dentro do programa da VI semana do libro da Concellería de Cultura qu correrá a cargo do profesor e investigador da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas. Baixo o título “O Valego, as falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura)” o autor explicará o contido do libro do mesmo título, publicado por Edicións Xerais, que será completado co resultado de novas e recentes investigacións.

Este traballo é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona do Val do Ellas, o Val de Xálima e Os Tres Lugaris (na provincia de Cáceres), onde recolleu material recompilado en diversos traballos, relatorios e artigos, que foi divulgado e actualizado nesta publicación. Da súa man coñeceremos, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona (con especial atención á toponimia), a orixe posible e o mantemento desta fala, a súa polémica adscrición lingüística, os seus trazos fonéticos, morfosintácticos e léxicos principais, e analizará tamén a situación sociolingüística e a necesidade urxente de codificar estas falas para evitar a súa perda. Ademais achegaranos tamén unha perspectiva social e legal, que nos mostrará o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España e as eivas e incumprimentos relativos á Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. Esta actividade está incluída na programación da VI Semana do libro, a festa das palabras, organizada polas Bibliotecas de Redondela e mais o Servizo de Normalización Lingüística. A entrada é libre e de balde.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Fálanos da charla de hoxe

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará