Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide a eliminación do tráfico pesado na estrada de O Viso

RR_Noticias

A organización nacionalista dirixiuse ao alcalde para que cumprira o acordo acadado no Consello Parroquial no que todas as forzas políticas e sociais alí representadas coincidiron en reclamar que se eliminara o paso de camións de grande tonelaxe por un tramo da estrada provincial no que se ubica un colexio, un centro cultural e un importante número de vivendas.

Explica a formación nacionalista que a decisión do concello de Soutomaior de prohibir o paso de tráfico pesado polo casco urbano de Arcade, supuxo que se incrementase notablemente a circulación de camións pola estrada provincial EP-2901, ao seu paso polo Viso, camións de grande tonelaxe que se dirixen principalmente a puntos do propio concello de Soutomaior así como á zona de Ponte Caldelas.
No Consello Parroquial de decembro do 2012 todas as forzas políticas e sociais alí representadas rexeitaron que a parroquia tivera que sufrir as consecuencias dunha decisión que ía incidir negativamente na seguridade viaria na parroquia e o presidente do Consello, Jesús Crespo comprometeuse, segundo o BNG a trasladar a petición á Deputación Provincial para eliminar o tráfico de camións por esta estrada.
Transcorrido case ano e medio e ante a persistencia da situación, o Grupo Municipal do BNG solicitoulle información ao alcalde sobre as iniciativas tomadas, as xestións realizadas coa Deputación Provincial, e as posíbeis solucións que se van tomar para a eliminación do tráfico pesado na estrada provincial EP-2901 ao seu paso pola parroquia de O Viso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará