Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xenderal faise un oco no Festival Alternativo Millo Verde

RR_Noticias

O grupo de Cerceda foi o contundente vencedor da VII edición do concurso de maquetas Millo Verde. O público asistente ao concerto do pasado venres elixiu cos seus votos a estes mozos que iniciaron a súa andaina nas músicas contemporáneas introducíndose no rap e no mundo do hip-hop para despois deixarse seducir polo beatbox o reggae.

Ao redor de medio milleiro de persoas pasaron o venres polo concerto celebrado na antiga feira do gando. Unha cita musical que se prolongou ata pasadas as catro da madrugada e na que se puido escoitar a música dos redondeláns Síndrome del Norte, así como os tres finalistas do concurso: a viguesa Seilaesencia, o grupo Superoito chegados dende Ordes e os que finalmente se fixeron co apoio do público, o grupo Xenderal. Gañadores desta sétima edición do concurso de maquetas, ademais dos 300 euros en metálicos fanse cun oco para participar no Festival Alternativo Millo Verde que se vai celebrar no vindeiro mes de xullo.  

Manu Pérez Millo Verde
Fálanos do gañador da VII edición do concurso de maquetas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará