Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O atletismo despunta en Redondela co C.A.R.

RR_Noticias

O club, aínda que de recente creación, xa está a sumar importantes éxitos, como o terceiro posto por equipos na medio maratón Vig-Bay. Algúns dos seus atletas están a competir ao máis alto nivel de Galicia, pero o principal obxectivo do club é seguir fomentando o deporte entre os máis novos e aumentar ano tras ano o número de nenos e nenas nas súas categorías base.

Hai case dous anos que se puxo e marcha a Asociación Deportiva C.A.R. grazas ao empeño dos seus 40 socios, amantes do atletismo. O club naceu co obxectivo de fomentar este deporte no municipio para as persoas “de todas as idades”. Hoxe son case un cento de membros, con 55 socios adultos e 40 nenos nas súas escolas de atletismo, nas que participan rapaces desde os 3 ata os 14 anos. Recentemente lograron o trofeo ao terceiro clasificado por equipos na medio maratón Vig-Bay. Os 22 atletas do club redondelán que participaron conseguiron uns tempos moi meritorios entre os que destacaron Antón Amoedo (1:15:44), Guillermo Pedrero (1:17:56) e Jesús Figueroa (1:19:22). Para o seu presidente, Francisco Otero, trátase dun importante éxito, pero para el o máis importante é seguir fomentando este deporte e ir medrando nas categorías base. Agora están xa a preparar o que será a próxima Carreira Popular de Redondela, en colaboración coa Concellaría de Deportes. No club confían en que se poida celebrar en xuño e superar a participación do pasado ano. Será no percorrido habitual, semiurbano, cunha distancia de 6 quilómetros. A pasada fin de semana a Asociación Deportiva C.A.R. participou tamén no Trail e no Ultratrail do Barbanza, co primeiro posto para Manuel Alejandro Ríos, con Gonzalo Rodríguez e Juan Pablo Figueroa na 5ª e 8ª posición nas súas respectivas categorías. Estes corredores, xunto con Amador Graña, están a despuntar no panorama do atletismo galego.

Francisco Otero presidente
O obxectivo do club é seguir medrando e incorporar máis rapaces á súa canteira.
Carreira Popular de Redondela
A Asociación Deportiva C.A.R. xa está a preparar a cita redondelá co mesmo percorrido de anos anteriores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará