O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 1 de setembro e o gañador desta edición darase a coñecer en outubro. A convocatoria do certame por parte do concello de Redondela foi anunciada logo de que os tres concellos aos que lles tocaba asumir a súa organización decidiran renunciar.
Poderán presentarse a este certame todos os autores que presenten as súas obras escritas en lingua galega oficial. As novelas, que deberán ter unha extensión mínima de 150 folios, terán que ser inéditas e presentadas no Concello de Redondela antes do 1 de setembro.
De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remitente, dirixido á Concellería de cultura rúa Alfonso XII 36.00 Redondela.
O premio, que poderá ser declarado deserto de non existiren obras de calidade, está dotado con 12.000 euros e celebra este ano a súa XXXIII edición.
O premio, que foi creado en 1981 en homenaxe a Eduardo Blanco Amor por iniciativa do noso concello distinguiu novelas de Víctor Fernández Freixanes, Suso de Toro, Manuel Lourenzo, Xavier Alcalá, Inma López Silva ou Francisco Castro.