Solicitan á Xunta que o centro educativo se manteña na súa localización actual ou que se garanta a construcción dun novo edificio na contorna que dea resposta ás necesidades educativas dos veciños da parroquia no caso de que se proceda ao seu derrube a consecuencia da ampliación da autoestrada AP-9.
Explican dende AGE que a ampliación da Ponte de Rande e a AP-9 vai implicar, se nada o impide, o derrube do CEIP Igrexa – A Chapela de Redondela e a consecuente expropiación dos terreos, deixando sen centro de ensino de referencia a mais de 120 alumnos e alumnas da contorna . A comunidade educativa desta zona afectada de Redondela, amosa a súa preocupación ante o inminente peche deste centro educativo, inquedanza que se incrementa o saber que, segundo se lles ten comunicado, terán que recolocar ós seus fillos noutros centros do Concello.
Dende Alternativa Galega da Esquerda consideran inadmisible que se aproveite a ampliación da Ponte de Rande, para pechar unha escola, mais cando tanto o Concello como a propia Xunta teñen que ser indemnizados pola expropiación dunhas instalacións e duns terreos destinados a usos educativos.
A Asociación de afectados recibiu onte o apoio do deputado de AGE, Ramón Vázquez, quen visitou o lugar.