Un total de 67 embarcacións do norte de España disputarán esta fin de semana en Camargo, Cantabria, a proba estatal. Unha vez máis a representación galega, con 26 bateis, será maioría. Cantabria achegará 16, Euskadi 21 e Asturias 4.
Milleiros de afeccionados a este deporte se desprazarán a Punta Parayas desde todo o norte de España para vivir unha intensa fin de semana de remo na 71º edición do Campionato de España de Bateis. A competición comezará o sábado 26 de abril a partir das 16 horas coas quendas clasificatorias das categorías Promesas, Xuvenil e Absoluto Feminino, nas que participa o C.R. Chapela; Despois serán as de Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluto Masculino. As finais B disputaranse o domingo 27 de abril a partir das 10.30 horas; mentres que as finais A serán ás 16.15 horas.